
Errantes e amigos
To twoje wydarzenie?
Hai datas especiais no calendario do JJ.Copas, e esta é unha delas.
Como xa é tradición, despedimos o ano co último concerto da tempada e facémolo da mellor maneira posible: con ERRANTES e AMIGOS.
Unha noite para reencontrarnos, compartir música, celebrar todo o vivido e despedir o ano como se merece: enriba e diante do escenario.
Unha desas noites que teñen algo diferente, que se agardan con ganas e que quedan na memoria.


